A Fundación Iberoamericana de las Industrias Culturales y Creativas (FIBICC) é unha institución sen ánimo de lucro que fomenta a capacitación, a cooperación e a investigación específica nos ámbitos da cultura, a arte e a creatividade, tanto en Europa como en Iberoamérica e África.

Fins:

  • A promoción da cultura española e iberoamericana, cun especial foco no uso das novas tecnoloxías.
  • Fomento das industrias culturais e creativas en todo o territorio español, realizando un maior esforzo sobre as mozas e mozos e, polo tanto, sobre o emprendemento.
  • Impulsar a investigación e o desenvolvemento de soportes tecnolóxicos e dixitais de apoio aos emprendedores culturais e creativos.
  • A potenciación da educación e formación no sector.
  • Estimular e contribuír á investigación e difusión científica no ámbito da economía cultural.
  • Fomentar da cooperación internacional ao desenvolvemento no ámbito cultural e artístico.
  • A transmisión dos valores da economía social.


Para o cumprimento dos fins apostamos por establecer acordos coas organizacións e empresas culturais, públicas e privadas, coas que colaboramos no cumprimento dos nosos fins, impulsando, activamente, o crecemento do sector das industrias culturais e creativas e fomentando unha maior repercusión positiva no tecido social e económico.


Actualmente temos acordos con máis de 500 entidades, empresas ou institucións en máis de 50 países.


A presenza da Delegación da FIBICC en terras de Breogán - fibicc. gal- xustifícase como un novo eido cultural para apoiar e dar resposta á crecente importancia das industrias culturais e creativas nun escenario local e rexional como é Galicia.


MISIÓN
A misión da Delegación, do mesmo xeito que a da FIBICC, pero un contexto local, é a de contribuír ao desenvolvemento do tecido económico e social galego a través do fomento do emprendemento cultural, o apoio á comunidade creativa, o establecemento de redes de colaboración e mediante a investigación das políticas culturais e modelos de xestión no ámbito das industrias creativas


VISIÓN
Durante o 2020, a Delegación de Galicia implementarase como unha delegación de FIBICC na comunidade galega, converténdose, a curto prazo, nunha institución de referencia a nivel local, así como potenciando o posicionamento, a imaxe e a identidade da fundación a nivel nacional e internacional.

 

Utilizamos cookies para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.